La Xunta publicarà tots els temaris de les oposicions0

994 19/10/2010, 10:36       #Oposicions,

L' EGAP (Escola Galega de Administración Pública) publicarà a internet els temaris de tots els processos selectius.

A EGAP dá comezo á publicación dos temarios para os procesos selectivos da Xunta de Galicia.

Cumprindo co compromiso adquirido, a EGAP dá comezo á publicación gratuíta dos temarios elaborados para os procesos selectivos da Xunta de Galicia.

Esta iniciativa persegue facilitar a tarefa dos opositores libres e de promoción interna, ao dispoñer duns temarios con contidos de referencia e máxima fiabilidade. Os temarios serán elaborados para todos os procesos selectivos convocados pola Xunta de Galicia, tanto para persoal funcionario -de corpos xerais e especiais- como laboral, atoparanse en edición galega e castelán, e poderán descargarse ‘en liña’ e sen ningún custo a través da páxina web da Escola (http://egap.xunta.es/); e serán obxecto de actualización permanente.

Os primeiros temarios distribuídos son os do Corpo de Axudantes Facultativos da Xunta de Galicia, Escala de Axentes Facultativos Ambientais. A eles seguirán os correspondentes aos corpos da administración xeral e especial da Xunta de Galicia, así como os dos distintos grupos de persoal laboral.

Os temarios non teñen carácter oficial polo que en ningún caso vincularán os opositores ou os tribunais senón que se trata de instrumentos complementarios e contrastados que servirán de apoio e axuda como textos de referencia, pero nunca de forma exclusiva ou excluinte.

Pódense consultar todos os temarios facendo clic aquí.


facebook twitter enllaçar comentar


Tornar a la pàgina d'inici

Comentaris

Sense comentaris.

Afegir comentari

S'ha d'estar connectat per publicar un comentari.

Espai Personal Wiki Suport Twitter Facebook Youtube
Qui som què fem

Contacta'ns

Pots contactar amb nosaltres a la seu central o a qualsevol de les nostres seus territorials

Utilitzeu el Servei d'Atenció al Professorat per a consultes.

Política de privacitat i avís legal